Trinta anos de Ramón Lamote

No artigo da Tribuna desta semana, a académica Fina Casalderrey evoca a publicación en 1984 do libro Das cousas de Ramón Lamote, do escritor lugués Paco Martín, nado en Lugo en 1940.
Capa do libro Das cousas de Ramón Lamote.
Capa do libro Das cousas de Ramón Lamote


No seu artigo, que se pode ler nesta ligazón, a académica e escritora especializada no eido da Literatura Infantil e Xuvenil (LIX), Fina Casalderrey, rememora a aparición en 1985 dun dos libros emblemáticos da literatura galega dirixida aos máis novos: Das cousas de Ramón Lamote, publlicada por Galaxia, e que lle valería ao seu autor o Premio Barco de Vapor en 1984 e do Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 1986, e a inclusión Lista de honor da IBBY e de White Ravens.