O epistolario de Carballo Calero e Otero Pedrayo, un diálogo entre dous grandes
A Academia reúne en 'Polos camiños das horas' as 167 cartas que os dous intelectuais intercambiaron entre 1949 e 1974. O volume foi presentado no Parlamento de Galicia, onde se conserva o arquivo do autor das Letras Galegas 2020. As misivas de Otero Pedrayo proceden da Fundación Penzol