Académicos e académicas

Rosario Álvarez Blanco

Rosario Álvarez Blanco

Pontevedra, 12/07/1952

Rosario Álvarez Blanco (Pontevedra, 1952) é licenciada en Filosofía e Letras (Filoloxía Románica-Español) pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), onde obtivo o grao cunha memoria titulada Notas lingüísticas e etnográficas de Ramirás (1974) e se doutorou coa tese O pronome persoal en galego (1980). Nesta universidade desenvolveu o seu labor docente e investigador ata o presente, primeiro no Departamento de Filoloxía Románica (ata 1982) e logo no de Filoloxía Galega. É catedráticada da área de Filoloxías Galega e Portuguesa, con docencia na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela, desde 1998. Entre os cargos académicos máis relevantes ocupados ata agora están o de directora do Departamento de Filoloxía Galega (1995-1999) e vicerreitora de Profesorado (1990-1994). 

Pertence ao Instituto da Lingua Galega desde 1974, con dúas liñas fundamentais de investigación: como membro do equipo do Atlas Lingüístico Galego, no que participa desde os inicios, céntrase na variación e cambio lingüísticos, tanto referidos ao momento presente coma a etapas anteriores; como impulsora e membro activo do equipo de gramática, ocúpase da gramática descritiva do galego moderno, con incursións en etapas previas da historia da lingua ou en perspectiva diacrónica, e mais do contraste gramatical entre portugués e galego. Participa activamente na formación de grupos de traballo e na organización de encontros que axuden a trasladar os resultados de investigación.

Foi proposta como membro numerario da RAG o 8 de setembro de 2001 e ingresou o día 6 de xuño de 2003, no Paraninfo da Universidade de Santiago. O seu discurso de ingreso, titulado Variedade e diversidade da lingua. Algunhas reflexións sobre cambio, variación e galego estándar, foi contestado por Antón Santamarina.

A súa investigación, en forma de libros, artigos ou comunicacións en congresos, céntrase nas liñas enunciadas anteriormente. Son numerosos os traballos dedicados ao pronome persoal, tanto desde o punto de vista da descrición sincrónica do seu comportamento morfolóxico e sintáctico, coma da variación e procesos de cambio lingüístico atinxentes. Os seus traballos sobre o galego falado ou sobre lingua de autor buscan, en última instancia, mostrar a variación lingüística existente con vistas a unha posible maior definición do estándar. Nos últimos tempos ten aberta, ademais, unha liña frutífera de recuperación e edición de textos escritos no galego medio, sempre co norte de proporcionar datos fiables para o estudo da variación e o cambio lingüísticos.

É membro do plenario do Consello da Cultura Galega desde 2008 e converteuse na primeira presidenta desta institución o 31 de maio de 2018.

A seguinte escolma recolle publicacións entre 1983 e 2003:

R. Álvarez Blanco (1983): "O artigo en galego: morfoloxía", Verba 10, 169-182.
R. Álvarez (1984): "Emprego estilístico das variantes lingüísticas na súa obra narrativa", en Presencia de Armando Cotarelo en Galicia. Santiago: Dirección Xeral de Cultura, Xunta de Galicia, 101-l32.
R. Álvarez, X. L. Regueira e H. Monteagudo (1986): Gramática Galega. Vigo: Galaxia. 
R. Álvarez (1988): "Caracterización e aspectos dinámicos dunha situación lingüística conflictiva: o caso galego", en R. Alemany Ferrer (ed.): Els processos de normalització lingüística a l'Estat espanyol actua. Ajuntament de Benidorm / Universitat d'Alacant, 83-109.
R. Álvarez (1988): "Consideracións sobre a metafonía nominal galega", en D. Kremer (ed.): Homenagem a Joseph M. Piel por ocasiâo do seu 85º aniversário. Tübingen: Max Niemeyer  / Instituto de Cultura e Língua Portuguesa / Consello da Cultura Galega, 141-157.
R. Álvarez (1988): "Escribir en galego: Otero Pedrayo", en Otero Pedrayo na revista Nós: 1929-1936 (Escolma). [Selección do] Departamento de Filoloxía Galega; Estudo lingüístico por R. Álvarez Blanco; Estudo Literario por Anxo Tarrío Varela. Santiago: USC, 9-23.
C. García / A. Santamarina et alii (1990): Atlas Lingüístico Galego. Volume I: Morfoloxía Verbal [coord. Francisco Fernández Rei]. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza / ILG.
R. Álvarez (1990): "As ideas lingüísticas de Antonio Couceiro Freijomil", en Homenaje al polígrafo eumés Don Antonio Couceiro Freijomil en el primer centenario de su nacimiento / 1888-1988, A Coruña: Deputación Provincial, 89-100.
R. Álvarez (1991): "Comparación dos sistemas fonolóxicos do galego e do portugués", en D. Kremer (ed.): Actes du XVIIIè Congrès International de Linguistique et Philologie Romanes (Univ. de Trèves (Trier) 1986). III. Grammaire diachronique et histoire de la langue. Dialectologie et géographie linguistique. Textes non-littéraires. Tübingen: Max Niemeyer, 517-530. 
R. Álvarez (1991): "Á procura dunhas bases para a unificación: a contribución de Antonio Couceiro Freijomil", en Brea, M. & Fernández Rei, F. (coords.): Homenaxe ó Profesor Constantino García. Santiago: USC, II 19-32.
R. Álvarez (1992): "A lingua galega en Celso Emilio Ferreiro. VII. Nexos e sintaxe", en Álvarez, R. (ed.): Estudios dedicados a Celso Emilio Ferreiro. Santiago: USC, I 7-8 e 177-261.
R. Álvarez (1994): "Secuencias de pronomes átonos en galego moderno", en R. Lorenzo (ed.): Actas do XIX Congreso Internacional de Lingüística e Filoloxía Románicas, Santiago de Compostela, 1989, VI 247-265.
R. Álvarez (1994): "Gramática descritiva e gramática prescritiva", Cadernos de Lingua 10, 19-36.
R. Álvarez (1994): "Unha ollada moderna sobre a lingua dos nosos devanceiros", en E. Fidalgo e P. Lorenzo Gradín (eds.): Estudios galegos en homenaxe ó Profesor Giuseppe Tavani. Santiago de Compostela: CILL Ramón Piñeiro, 153-167.
R. Álvarez (1994): "As formas do dativo e a expresión do número en galego medieval: lle / lles, llo / llelo", Verba 21, 133-166.
R. Álvarez e H. Monteagudo (1994): "Evolución lingüística interna I. Gramática", en G. Holtus, M. Metzeltin e Ch. Schmitt (eds.): Lexicon der Romanistischen Linguistik, Tübingen: Max Niemeyer, VI, 2, 1-22.
C. García / A. Santamarina et alii (1995): Atlas Lingüístico Galego. Volume II: Morfoloxía non verbal [coord. Rosario Álvarez]. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza / ILG.
R. Álvarez (1996): "Na estrema do galego: a lingua do Bierzo Baixo transmitida por Fernández y Morales",  Lorenzo, R. & Álvarez, R. (eds.): Homenaxe á profesora Pilar Vázquez Cuesta, Santiago: USC, 157-202 [reimpresión en Ponferrada: Instituto de Estudios Bercianos, 49-108].
R. Álvarez (1996): "Posición do pronome átono en construccións de infinitivo e xerundio", Verba 23, 11-35.
R. Álvarez (1997): "Variación diatópica no Coloquio de Sarmiento", en O Padre Sarmiento e o seu tempo. Actas do Congreso Internacional do Tricentenario de Fr. Martín Sarmiento (1695-1995) (Santiago de Compostela, 29 de maio - 3 de xuño de 1995). Santiago: CCG, II 131-154. 
R. Álvarez (1997): "A posición do pronome átono en construccións de infinitivo e xerundio en galego antigo", en I. Castro (ed.): Actas do XII Encontro Nacional da Associação Portuguesa de Lingüistica (Braga-Guimaraes)30 de Setembro a 2 de Outubro de 1996, II 7-29.
R. Álvarez (1997): "O complemento de solidariedade. A complicidade entre os interlocutores", en B. Fernández Salgado (ed.): Proceedings of the 4th International Conference of Galician Studies / Actas do IV Congreso Internacional de Estudios Galegos (Universidade de Oxford, 26-28 Setembro 1994). Oxford: Center for Galicien Studies, I 37-53.
R. Álvarez & H. Monteagudo (1998): "¿Sedia·m'eu? A propósito do incipit da cantiga de Meendiño", en X. L. Couceiro e L. Fontoira (eds.) (1998): Martín Codax, Mendiño, Johán de Cangas: Día das Letras Galegas 1998. Santiago de Compostela: USC, 45-64.
R. Álvarez & X. Xove (1998): "Lingua e variación dialectal na Crónica Xeral Galega", en D. Kremer (ed.): Homenaxe a Ramón Lorenzo. Vigo: Galaxia, I 29-58.
R. Álvarez (1998): "Secuencias de pronomes átonos en galego medieval", en G. Ruffino (ed.): Atti del XXI Congresso Internazionale di Linguistica e Filologia Romanza (Centro di Studi Filologici e Linguistici Siciliani, Università di Palermo, 18-24 settembre 1995)Vol. 1.Grammatica storica delle lingue romanze. Tübingen: Max Niemeyer, 13-23.
R. Álvarez (1999): "Porque non todos somos iguais. Achegas ó estudio do tratamento en galego", en R. Álvarez e D. Vilavedra (eds.): Cinguidos por unha arela común. Homenaxe ó Prof. Xesús Alonso Montero. Santiago: USC, I 207-228.
C. García / A. Santamarina et alii (1999): Atlas Lingüístico Galego. Vol. III: Fonética [coord. Manuel González]. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza / ILG.
R. Álvarez (1999): "Entre min e ti", en X. L. Couceiro et alii (eds.): Homenaxe ó Prof. Camilo Flores. Santiago: USC, I 117-141.
R. Álvarez (2000): "O redobro de a + FN en galego moderno", en R. Vieira de Castro e P. Barbosa  (eds.): Actas do XV Encontro Nacional da Associação Portuguesa de Lingüística (Faro, 29 set.-1 out. 1999). Braga: APL, I 75-93. 
R. Álvarez / X. Xove (2000): "Contribución ó estudio do léxico de J. M. Pintos", en J. L. Rodríguez (ed.): Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero. Tomo I: A obra de Ricardo Carvalho Calero. Lingüística. Santiago: USC, 369-409.
R. Álvarez (2000): "¡Vivan eles, vivan elas!: achega ó estudio do tratamento en galego", en Profesor Basilio Losada: ensinar a pensar con liberdade e risco. Barcelona: Universitat de Barcelona, 149-155.
R. Álvarez (2000): "Fuco G. Gómez: Grafía galega, Habana 1927", en D. Kremer (ed.): Actas do VI Congreso Internacional de Estudios Galegos: Un século de Estudios Galegos. Galicia fóra de Galicia. La Habana 17-21 de abril do 2000. Trier: Galicien-Zentrum der Universität Trier / Ediciós do Castro, I 3-18.
R. Álvarez (2001): "El vai ben así: pervivencia e construccións de el invariable", Cadernos de Lingua 23, 5-33.
R. Álvarez (2001): "O don da palabra", en Xornadas sobre Otero Pedrayo. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 201-215.
R. Álvarez e Xosé Xove Ferreiro (2002): Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia .
R. Álvarez (2002): "Topónimos en -edo / -ido", en A. I. Boullón Agrelo /ed.): Actas do XX Congreso Internacional de Ciencias Onomásticas. Santiago de Compostela, 20-25 de setembro de 1999. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza / Instituto da Lingua Galega, I 87-101.
R. Álvarez (2002): "El foy a primeira vez: testemuños antigos de el invariable", en R. Lorenzo (ed.): Homenaxe a Fernando R. Tato Plaza. Santiago de Compostela: USC, 23-36.
R. Álvarez & X. L. Rodríguez Montederramo (2002): "O Diálogo de Alberte e Bieito. Dramaturxia, elites letradas e escrita en galego a fins do século XVI", Boletín da Real Academia Galega 363, 241-311 [inclúe facsímile].
R. Álvarez (2002): "Gramática contrastiva do portugués e o galego: o diminutivo", en L. Iglesias Rábade et alii (eds.): Studies in contrastive linguistics: proceedings of the 2nd International Contrastive Linguistics Conference (Santiago de Compostela, October, 2001). Santiago: USC, 91-107.
R. Álvarez (2002): "Viño novo en odres vellos: os nomes do millo", en R. Álvarez, F. Dubert García e X. Sousa Fernández (eds.): Dialectoloxía e léxico. Santiago: ILG / CCG, 69-94.
R. Álvarez (2002): "O legado lingüístico de Martín Sarmiento", en Congreso sobre Frei Martín Sarmiento. Actas das xornadas celebradas en Pontevedra os días 23, 24 e 25 de maio de 2002. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 71-88.