Académicos e académicas

Aureliano Pardo Villar

Aureliano Pardo Villar

Arzúa, A Coruña, 18/01/1882 - Padrón, A Coruña, 13/01/1957
Data de ingreso
27/07/1941
A proposta de
Fernando Martínez Morás, Narciso Correal y Freyre de Andrade e Ramón de Artaza y Malvárez
Título do discurso

El arabista Fr. Alfonso Bonhome

[O 27 de xullo de 1941 tivo lugar no Paraninfo da Universidade de Santiago a cerimonia de ingreso de dezanove académicos de número, no acto só se deu lectura ao discurso La mitología del agua en noroeste hispánico, que pronunciou Fermín Bouza-Brey en nome de todos os recipiendarios e a quen contestou en nome da Institución, o presidente, Manuel Casás. Aureliano Pardo Villar formaba parte deste grupo de Académicos. Con posterioridade a esta data presentou e publicou o que sería o seu discurso de ingreso: El arabista Fr. Alfonso Bonhome]

Nado en Arzúa o 18 de xaneiro de 1882 e finado en Padrón, o 13 de xaneiro de 1957, foi un relixioso dominico e escritor. Despois de estudar latín e humanidades en Arzúa, Pardo Villar ingresou no convento dominicano en setembro de 1898. Cursou os primeiros anos de carreira no convento de San Juan de Corias (Asturias) e os cinco últimos no de San Esteban de Salamanca. Concluídos os estudos, foi destinado ás Misións de América, pero unha grave enfermidade retívoo na Península. Durante a convalecencia, xa en febreiro de 1909, foille asignado o convento de Padrón.

Exerceu os cargos de director da Asociación del Rosario Perpetuo e de Bibliotecario e Sacristán Maior, no convento de Padrón. Ademais, foi socio colaborador do Seminario de Estudios Gallegos. O 27 de xullo de 1941, nun acto que tivo lugar no Paraninfo da Universidade de Santiago, ingresaron na Real Academia Galega dezanove académicos de número entre os que se encontraba Aurelio Pardo Villar. No acto só se deu lectura ao discurso La mitología del agua en el noroeste hispánico, pronunciado por Fermín Bouza-Brey en nome de todos os recipiendarios e a quen lle contestou, en nome da Institución, o presidente, Manuel Casás. Posteriormente, Pardo Villar publicou o que tería sido o seu discurso de ingreso.

No Boletín da Real Academia Galega, viron a luz numerosos traballos sobre historia e relixión, entre os que se encontran os seguintes títulos: “El Convento de Santo Domingo de Santiago y el Patronato de los Condes de Altamira”, “Fray Teodoro de la Madre de Dios Quirós”, “El Convento de la Asunción de Betanzos”, “El Convento de San Jacinto de Monforte”, “El Convento de Santa María la Nova de Lugo”, “El Convento de Santo Domingo de Ortigueira”, “El Convento de la Anunciación de Bayona”, “El Convento de Santo Domingo de Lugo” e “El arbista fray Alfonso Bonhome”, que foi o seu discurso de ingreso na Corporación. Tamén colaborou noutras publicacións coma Memorandum, El Santísimo Rosario, Nós. Boletín mensual da Cultura Galega, Logos, Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, Boletín de la Comisión de Monumentos de Orense,Boletín de la Comisión de Monumentos de Lugo, Museo de Pontevedra, Cuadernos de Estudios Gallegos, entre outras.

Escribiu ademais para a Enciclopedia Espasa-Calpe as biografías de trece dominicos galegos e publicou, co pseudónimo León Yebra Oliver, diversos artigos nos xornais Diario de Galicia, Faro de Vigo, El Correo Gallego, La Voz de Galicia, El Ideal Gallego y, principalmente, en la Hoja Misionera.

Recollemos, a seguir, unha mostra da súa obra:
La Orden de Predicadores en Galicia: breves notas históricas. [S.l.]: [s.n.], 1926.
Dos ilustres dominicos gallegos: notas biográficas. Santiago de Compostela: Seminario de Estudios Gallegos, 1930.
El Convento de Sto. Domingo de Rivadabia: apuntes históricos. Ourense: [s.n.], 1931.
Los Dominicos en Galicia. Santiago de Compostela: Nós, 1935.
Santoral Gallego. Bos Aires: [s.n.], 1941.
Historia del Convento de Santo Domingo de Pontevedra. Pontevedra: Museo de Pontevedra, 1942.
Santo Domingo de Santiago. Madrid: [s.m.], 1945.
Falsedades de una crítica: Los dominicos en Galicia. Ourense: Imp. La Popular, 1946.
Escritores místicos gallegos: el V. Fr. Pedro de Santa María Ulloa. A Coruña: Moret, 1950.
Aportaciones a una biografía de escritores gallegos: escritores dominicos. Madrid: [s.n.], 1951.
La Orden Dominicana en La Coruña. A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, 1953.
Los Dominicos en Santiago: apuntes históricos. Santiago de Compostela: Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, 1953.
Colegiales de San Gregorio de Valladolid, por los conventos dominicanos de Galicia. Santiago de Compostela: Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, 1954.