Académicos e académicas

Antonio Gil Merino

Antonio Gil Merino

Castrillo de Villavega, Palencia, 04/06/1916 - 18/10/2009
Data de ingreso
13/12/1975
A proposta de
E. Chao Espina, A. Meijide Pardo, F. Vales Villamarín e E. Torres Enciso
Resposta pronunciada por
Enrique Chao Espina
Exerce o cargo de
Arquiveiro-Bibliotecario (29/11/1997 - 16/11/2005)

Antonio Gil Merino naceu en Castrillo de Villavega, Palencia, en 1916, e faleceu na Coruña o 18 de outubro de 2009. Cursou o bacharelato no Instituto de Santander e a carreira de Filosofía e Letras (Sección de Historia) na Universidade de Valladolid onde se licenciou o 4 de xuño de 1936.

Exerceu a docencia nos Institutos de Santander e Torrelavega entre os anos 1940 e1944, en agosto deste mesmo ano ingresou no Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos, mediante oposición, sendo destinado na Biblioteca Pública de Lugo, onde exerceu tamén como Profesor Axudante do Instituto Masculino de ensino Medio.
En 1948, ocupou o cargo de Xefe do Arquivo da Delegación de Facenda de Lugo. Gil Merino estableceu en Lugo a Biblioteca Pública Provincial Unificada, resultado da unión nunha soa entidade -previo acordo do Ministerio de Educación e a Corporación Provincial- da antiga biblioteca da Deputación e a creada polo Estado, co que conseguiu crear unha das mellores bibliotecas de Galicia.
Case un ano despois, foi nomeado Director do Centro Coordinador de Bibliotecas de Lugo co fin de fomentar a cultura a través do libro. Grazas a este organismo creáronse bibliotecas municipais nas vilas e localidades máis importantes da provincia, sempre coordenadas polo mencionado Centro que se encargou da ordenación, catalogación e formación do persoal. En 1951 foi nomeado Director do Arquivo Histórico Provincial creado grazas á súa iniciativa. Foi tamén Director do Arquivo Histórico do Reino de  Galicia, por concurso de méritos e da Casa de Cultura. Foi Secretario do Padroado provincial para o Fomento de Arquivos, Bibliotecas e Museos, e Secretario da súa Comisión executiva, Vogal da Xunta do Museo Provincial, membro numerario do Instituto "José Cornide" de Estudios Coruñeses, membro do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Galegos.

En 1954 ingresou na Real Academia Galega como académico correspondente e o 13 de decembro de 1975 fíxoo como membro de número a proposta de Enrique Chao Espina, Antonio Meijide Pardo, Francisco Vales Villamarín e Eugenio Torre Enciso.O seu discurso de ingreso com membro de número titulouse La obra del Dr. D. Juan Francisco de Castro en la cultura gallega del siglo XVIII, e foi contestado en nome da institución por Enrique Chao Espina. Na institución académica desempeñou o cargo de Arquiveiro-Bibliotecario desde 1997 e ata o novembro de 2005, se ben foi un labor que xa viu exercendo desde o falecemento de Juan Naya en 1993.

Presentou estudos e relatorios nos Congresos de Arquivos e Bibliotecas celebrados na Universidade de Verán de Santander, en Madrid e en Pamplona. Pronunciou diversas conferencias sobre temas de cultura galega. Publicou, así mesmo, numerosos traballos noBoletín de la Dirección General de Archivos y Bibliotecas e outras revistas, entre os que destacan os seguintes:
"La Jurisdicción de la Puebla de Brollón y su estado en el siglo XVIII" publicado no Boletín de la Comisión Provincial de Lugo; "El Speculum Nauticum de Wagenaert y su descripción de las costas de Galicia", Boletín de la Comisión Provincial de Lugo. "Mecenas en la emigración: Don Gumersindo Busto y Don Benito Menacho Ulibarri" (El Pueblo Gallego, Vigo); "San Froilán de Lugo y su bibliofilia (El Pueblo Gallego, Vigo); "El Archivo Histórico de Lugo" (El Progreso); "Los barros de Buño. La artesanía alfarera" (El Ideal Gallego); "Un órgano de expresión cultural de Galicia: El Boletín de la Real Academia" (La Voz de Galicia); "Epistolario entre Mayans y Siscar y el Deán de Santiago Don Manuel Francisco Rodríguez de Castro",BRAG; "La Orden de San Juan de Jerusalén y la ordenación de sus encomiendas en Galicia" (pergamiño do ano 1415), BRAG; "El padre Sarmiento y los estudios paleográficos en España", BRAG;
"Notas históricas sobre la real Audiencia de Galicia en la segunda mitad del siglo XVI",Revista do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses; "Las Constituciones de la Cofradía de Nuestra Señora del Rosario, hechas por sus cofrades en el año 1574", Revista do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses, "Catálogo de la Exposición del Libro lucense", Lugo, 1945 (en colaboración); "Incunables y libros raros del siglo XVI, de la Biblioteca Provincial de Lugo". Lugo, 1952; "La Real Cofradía de Ntra. Sra. del Rosario y La Coruña antigua". ACoruña, 1966 (en colaboración); "El Archivo Regional de Galicia y la Historia de la Agricultura" (Aportación á ponencia da Dirección General de Archivos y Bibliotecas á VIII Conferencia da "Table Ronde" de Archivos, que tivo lugar en Budapest en 1963); "Fondos documentales para la Historia de América, en el Archivo Regional de Galicia", Guía de Fuentes para la Historia de Iberoamérica. Madrid, 1966 (páx. 86-93); "Archivo Histórico del Reino de Galicia", Boletín de la Dirección General de Archivos y Bibliotecas, núm. 64; "Archivo Histórico del Reino de Galicia. Guía del Investigador". ACoruña, 1968 (130 páx.); Guía del investigador del Archivo Histórico del Reino de Galicia (2ª edición conmemorativa do bicentenario da creación do Arquivo); "Algunas ideas acerca de la incorporación de los documentos de la Administración pública a los Archivos Históricos (comunicación presentada no V Encontro dos Bibliotecarios); "Bases para una organización automática de los Archivos de Galicia" (en colaboración).