Académicos e académicas

Xosé Luís Axeitos Agrelo

Xosé Luís Axeitos Agrelo

Asados, A Coruña, 01/01/1945

Xosé Luís Axeitos Agrelo (Asados, 1945), estudou Filosofía e Letras en Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Salamanca onde foi alumno do profesor don Xosé Luís Pensado, é catedrático xubilado de lingua e literatura española.

Pertence á Real Academia Galega como membro numerario desde o 30 de outubro de 2004, data en que leu o discurso de ingreso A Academia no discurso exílico de Luís Seoane, que foi contestado en nome da institución por don Xesús Alonso Montero.

Publicou numerosos libros entre os que destacan:  As coplas galegas do P. Sarmiento, Ediciós do Castro, 1982. (reedición, 2002); Cartas del Padre Sobreira a Gómez de Ortega y Cornide, en colaboración con J. L.Pensado, Ediciós do Castro, 1983; Antoloxía da poesía galega erótica e amatoria, Ediciós do Castro, 1988; Descripción circunstanciada de la costa de Galicia..., Ediciós do Castro, 1991; Manuel Antonio, Poesía galega completa, Sotelo Blanco, 1992; A poética de Manuel Antonio, Edicións do Cumio, 1993; Luís Seoane e o libro galego na Arxentina, catálogo da exposición, Deputación da Coruña, 1994; Rafael Dieste, Obra galega completa, Galaxia, 1995; Rafael Dieste. Ollar o mundo con sede adiviñadora, Espiral Maior Didáctica, 1995; Rafael Dieste, Obras Completas V. Epistolario, Ediciós do Castro, 1995; E. Fernández Sendón "Fersen". Memoria e antoloxía dun republicano galego, (en colaboración con Uxío Bobillo), Ediciós do Castro, 1996; Manuel Antonio, A Nosa Memoria, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 2000; Manuel Murguía. Vida e obra. (en colaboración con X. R. Barreiro Fernández), Xerais, Vigo, 2000; Lorenzo Varela, Poesía Completa, Biblioteca del exilio, Ediciós do Castro, 2000; Lorenzo Varela, Ensayos, conferencias y otros escritos, Biblioteca del exilio, Ediciós do Castro, 2001; Cartas a Murguía I, (en colaboración con X. R. Barreiro Fernández), Fundación Barrié de la Maza, 2003; O exilio galego: un mapa de cicatrices, Ediciós do Castro, Sada, 2003.

Do seu abondoso e frutífero labor investigador dan mostra os seus moitos artigos publicados en revistas como Boletín Galego de Literatura, Ínsula, Verba, A Trabe de Ouro, Grila, Zurgai, Citania, Serta, etc.