Académicos e académicas

John Rutherford

John Rutherford

Discurso de ingreso

Na seguinte ligazón podes descargar o seu discurso de ingreso, O fermoso sorriso do profeta Daniel

Nado en St Albans (Hertfordshire, Inglaterra), doutorouse pola Universidade de Oxford en 1959 coa tese Mexican Society during the Revolutión: A literary approach (Oxford University Press, 1971).

Xubilado no 2008, foi profesor de lingua e literatura españolas no Queen's College (Universidade de Oxford) desde 1968, creando e dirixindo o Centro de estudos galegos desta universidade en 1991. Foi vicepresidente (1991-1994) e presidente (1994-1997) da Asociación Internacional de Estudos Galegos.

Coordinou o Obradoitro de Tradución Galego-Inglés do Queen's College que traduciu e publicou unha escolma de textos de Ferrín (Them and other storis, 1996) na que, ademais do propio profesor Rutherford, participaron Benigno Fernández Salgado e Xelís de Toro, e a versión inglesa de Cousas, de Castelao (Things, 2000). No ano 2001, a través do Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo publicou Breve historia del pícaro preliterario, defendendo a orixe galega deste personaxe da literatura española. Ademais, publicou unha novela en galego, As frechas de ouro (Vigo: Galaxia, 2004), un libro de viaxes novelado sobre o Camiño de Santiago.

Procurando a relación da cultura galega coas Illas Británicas e con Norteamérica, foi animador das Xornadas 'Mar por medio' que se celebran en Ribadeo desde o ano 1992. O 24 de xuño de 2007 recibiu o Premio Trasalba pola súa contribución á difusión da lingua, cultura e literatura galegas e o 4 de outubro de 2008 ingresou na Real Academia Galega como académico de honra. En outubro de 2011 foi nomeado doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña.