Académicos e académicas

Giulia Lanciani

Giulia Lanciani

Roma, 1935 - 2018
Data de ingreso
07/03/2014
A proposta de
Darío Xohán Cabana, Rosario Álvarez Blanco e Víctor F. Freixanes
Resposta pronunciada por
Rosario Álvarez Blanco

Catedrática de literatura portuguesa e brasileira no Departamento de literaturas comparadas da Universitá Roma Tre, Giulia Lanciani (1935-2018) tivo un amplo abano de intereses literarios que inclúe a lingua, literatura e cultura galegas, nalgunha das súas expresións máis xenuínas.

Poderíase resumir o seu extenso currículum investigador en tres liñas privilexiadas: a literatura contemporánea de expresión portuguesa, os textos portugueses da Idade Moderna e a nosa lírica medieval.

Giulia Lanciani é unha das principais tradutoras, ademais, de textos de autores de literatura galega contemporánea,como Carlos Casares e Salvador García-Bodaño, ao italiano.