Armando Cotarelo Valledor

Ano 1984

Armando Cotarelo Valledor

1/3

Biografía

Armando Cotarelo Valledor é un dos principais autores do noso teatro, ademais de profesor, conferenciante e un fundamental polígrafo das letras galegas.

Naceu en Vegadeo o 28 de decembro de 1879. Logo de cursar estudos de Filosofía e Letras en Madrid, obtivo a cátedra de Lingua e Literatura españolas na Universidade de Santiago de Compostela no ano 1904. Na universidade galega, ademais, ocupou os cargos de vicerreitor e decano. Grazas ao seu marcado carácter dialogante e inquieto, renovou a actividade universitaria e participou na vida cultural. Así, presidiu o Ateneo León XII, colaborou na organización da Exposición Rexional de 1909 e da Exposición de Arte de 1926. Asemade, creou e dirixiu a revista Ultreya (1919/20). Integrado no ambiente galeguista, foi parte activa do ambiente restaurador das Irmandades da Fala e chegou a ser o primeiro presidente do Seminario de Estudos Galegos en 1923.

Malia non chegar a tomar posesión, a Real Academia Galega nomeouno membro de número en 1920. A súa produción dramática viviu o seu momento máis importante desde 1922, logo de promover o Cadro Universitario de Teatro, ata o comezo da década de 1930. No ano 1929 ingresou, cabo de Ramón Cabanillas, na Real Academia Española representando as letras galegas. Tamén foi membro da Academia de Historia e secretario perpetuo do Instituto de España. A pesar de estar considerado como un dos alicerces da vida cultural galeguista de preguerra, co estalido da Guerra Civil, Cotarelo Valledor tomou a posición dos partidarios do levantamento militar. Nesa época foi nomeado catedrático de Lingua e Literatura Galego-Portuguesa da Universidade Central de Madrid, polo que alí viviu ata a súa morte, que tivo lugar o 8 de decembro de 1950.

Ao longo da súa vida colaborou en diversos xornais da época, na revista Nós e no Boletín da Real Academia Galega. Publicou, ademais, numerosos traballos sobre literatura, filoloxía e historia. Con todo, ao teatro ofreceulle a achega máis importante da súa vida. Sendo continuador da estética realista imperante na época, na súa produción destaca o drama rural Trebón, Lubicán, o de ambiente mariñeiro Beiramar, Mourenza, a comedia sentimental Sinxebra e a traxedia histórica Hostia. Ademais da obra dramática, escribiu tamén El pazo, unha novela bilingüe, e fixo incursións na literatura popular con Contos de Nadal colleitos do pobo ou Cancioneiro da agulla enxergado con doas do pobo.

Euloxio R. Ruibal sobre Cotarelo Valledor.

Obra

Ensaio

- Programa de Lengua y Literatura española. Santiago: Universidade, 1906. 2ª ed.
- La Leyenda de Dª Estefanía la desdichada. Discurso leído en el solemne acto de apertura del Curso Académico de 1907 a 1908 en la Universidad de Santiago de Compostela. Santiago: Universidad, 1907.
- Introducción al estudio de la Literatura Española. Santiago: Galaica, 1911.
- El teatro de Cervantes: Estudio crítico. Madrid: Tip. de la Revista de Archivos, 1915.
- Los cristianos españoles ante la invasión musulmana: 711-716. Santiago: Tip. El Eco Franciscano, 1919.
- Memorias de un escolar de antaño: 1808-1809. Madrid: Librería de Viuda de Puergo, 1919-21.
- Límite septentrional de la conquista sarracena en España. Santiago: Tip. de El Eco Franciscano, 1921.
- Matrimonios de Ramiro I de Asturias. Madrid: Jiménez y Molina, 1922.
- El castellano en Galicia: notas y observaciones. Madrid: Tip. Revista de Archivos, 1927.
- Un incunable compostelano: nota bibliográfica. Coruña: Roel, 1927.
- Blasón galaico. Contribución al estudio de la heráldica gallega. A Coruña: Roel, 1928.
- El Convento de Cambados: noticias históricas. Vich: Ed. Seráfica, 1932.
- Historia crítica y documentada de la vida y acciones de Alfonso III el Magno, último rey de Asturias. Madrid: Librería General, 1933. 
- Lembranza biográfica de D. Mateo Segade Bergueiro. Santiago de Compostela: Nós, 1933.
- El Eco de un regicidio. Madrid: [s.n.], 1934.
- Encol do nome de Martín Codax. Santiago: Nós, 1938.
- Don Mateo Segade Bugueiro, Arzobispo de Méjico, Obispo de Cartagena (1605-72). Madrid: Gráficas Yagües, 194-.
- Cervantes lector. Discurso leído ante el Instituto de España y en representación de la Real Academia Española. Madrid: Instituto de España, 1943.
- El Teatro de Quevedo: conferencia. Madrid: S. Aguirre, 1945.
- El Cardenal Don Rodrigo de Castro y su fundación en Monforte de Lemos. Madrid: Magisterio español, 1945-46.
- El Quijote académico: oración inaugural del curso 1947-48, leída ante el Instituto de España. Madrid: Instituto de España, 1948.
- El Resplandor de la aurora, génesis del descubrimiento de América. Conferencia inicial del curso sobre "Los descubrimientos geográficos españoles", leída el lunes 26 de enero de 1948 ante la Real Sociedad Geográfica. Madrid: S. Aguirre, 1948.

Teatro

- El gabán: rebuzno cómico en un acto y en verso. Ribadeo: Imp. De J. M. Páez e hijos de Cascante, 1900.
- Trebón: Farsada dramática en tres autos. Santiago: Tip. El Eco Franciscano, 1922.
- Sinxebra: comedia bilingüe en dos actos. Santiago: Tip. El Eco de Santiago, 1923.
- Lubicán: conto dramático de lobos e de amores en tres cadros en verso. Santiago de Compostela: Tip. de El Eco de Santiago, 1924.
- Hostia. A Coruña: Lar, 1926.
- Beiramar: drama en tres actos. A Coruña: Nós, 1931.
- Mourenza: lance dramático nun auto. Santiago: Nós, 1931.

Compilacións

- Contos de Nadal. A Coruña: Lar, 1927.
- Cancioneiro de Payo Gómez Chariño, almirante y poeta (siglo XIII). Madrid: Librería General, 1934.
- Cancioneiro da agullada. Vigo: Galaxia, 1984.