Organización

Seccións de traballo da Real Academia Galega

A Real Academia Galega consta de tres seccións: Lingua, Literatura e Historia. Cada Sección constitúese en grupos de traballo ou Seminarios, tantos como conveñan ás características e á operatividade da Sección. O Seminario será responsable intelectual e administrativo ante a Presidencia da Academia e as institucións que financien actividades ou proxectos de investigación dese grupo de traballo, no que sempre ha figurar, non necesariamente como especialista, o director (ou coordinador) da Sección correspondente.

Sección de historia

Creada en 1998.
Director: Ramón Villares Paz.
Desde a Sección de Historia trabállase e investígase sobre distintos aspectos relacionados coa historia da institución e de Galicia.

Composta por:
Ramón Villares Paz, Xosé Ramón Barreiro Fernández, Rosario Álvarez Blanco, Manuel Rivas Barrós, Pegerto Saavedra Fernández, Andrés Torres Queiruga, Fernando López-Acuña López.

Sección de literatura

Creada en 1998.
Director: Xesús Alonso Montero.
Encárgase da recuperación de textos literarios galegos, do estudo da nosa literatura e da organización de eventos relacionados con ela.

Composta por:
Xesús Alonso Montero, Marilar Aleixandre, Xosé Luís Axeitos Agrelo, Fina Casalderrey Fraga, Víctor Fernández Freixanes, Xosé Luís Franco Grande, Salvador García-Bodaño, Henrique Monteagudo, Chus Pato, Luz Pozo Garza, Manuel Rivas Barrós, Euloxio Rodríguez Ruibal, Ana Romaní e Olivia Rodríguez González.

Sección de lingua

Directora: Rosario Álvarez Blanco.
Na actualidade, na Sección de Lingua funcionan os seguintes seminarios:
Seminario de Gramática, Seminario de Lexicografía, Seminario de Onomástica, Seminario de Sociolingüística e Seminario de Terminoloxía.

Seminario de gramática

Creado no ano 2000.
Coordinadora: Rosario Álvarez Blanco.
O Seminario de Gramática encárgase da elaboración de estudos gramaticais sobre a lingua galega.

Composto por:
Rosario Álvarez Blanco, Xosé Luís Regueira Fernández, Xosé Xove Ferreiro, Francisco Cidrás Escáneo, Ernesto González Seoane, María Álvarez de la Granja, Francisco Dubert García e Elisa Fernández Rei.

Seminario de lexicografía

Creado en 1983.
Coordinador: Manuel González González.
O Seminario de Lexicografía encárgase da elaboración dos distintos dicionarios, da coorganización dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros e españois de fóra de Galicia.

Composto por:
Manuel González González, Xosé Luís Axeitos Agrelo, Darío Xohán Cabana Yanes, Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Francisco Fernández Rei, Ramón Lorenzo Vázquez, Antón Santamarina Fernández, Andrés Torres Queiruga, María Dolores Sánchez Palomino e Carme Pazos Balado.

Seminario de onomástica

Creado no ano 2001.
Coordinador: Ramón Lorenzo Vázquez.
O Seminario de Onomástica encárgase da recompilación de datos do ámbito da onomástica, da súa investigación e da elaboración de informes sobre toponimia e antroponimia.

Composto por:
Ramón Lorenzo Vázquez, Xesús Ferro Ruibal, Antón Santamarina Fernández, Ana Isabel Boullón Agrelo, Xosé María Lema Suárez, Luz Méndez Fernández, Gonzalo Navaza Blanco, Xosé Antón Palacio Sánchez e Vicente Feijoo Ares.

Seminario de sociolingüística

Creado en 1990.
Coordinador: Henrique Monteagudo.
No Seminario de Sociolingüística desenvólvense estudos que abranguen múltiples temas, como a elaboración de enquisas macro-sociolingüísticas, a análise de actitudes lingüísticas ou a medición das competencias lingüísticas.

Composto por:
Henrique Monteagudo, Marilar Aleixandre, Xesús Alonso Montero, Víctor Fernández Freixanes, Margarita Ledo Andión, Xosé Luís Regueira Fernández, Henrique Costas, Fernando Fernández Ramallo, Alba Nogueira López, Modesto A. Rodríguez Neira, Goretti Sanmartín Rei e Héctor Silveiro e Xaquín Loredo.

Seminario de terminoloxía

Creado en 1996.
Coordinador: Manuel González González.
Desde o Seminario de Terminoloxía elabóranse vocabularios sobre linguas de especialidade e resólvense dúbidas de terminoloxía puntual.

Composto por:
Manuel González González, Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Francisco Fernández Rei, Xesús Ferro Ruibal e Dolores Sánchez Palomino.