Organización

Responsive Image

Imaxe do Pleno reunido na sala de consulta da Academia.

Pleno

Está constituído polos trinta membros de número e é o encargado de tomar as decisións últimas que afectan á Real Academia Galega.

Ver pleno actual

Comisión executiva

Está constituída polo presidente, o secretario, o tesoureiro, o arquiveiro-bibliotecario e o vicesecretario. Actúa por delegación do Pleno e encárgase de exercer o goberno da institución e de establecer a orde do día das Xuntas. A actual Comisión Executiva foi elixida o día 28 de marzo de 2017.

Presidente

Convoca e preside as reunións, ademais de representar a institución en toda clase de entidades. O actual presidente da institución é Víctor Fernández Freixanes.

Secretario

Encárgase de redactar a acta de cada sesión e da memoria anual da Academia, ocúpase da correspondencia e do seu rexistro, e substitúe o presidente na súa ausencia. O actual secretario da institución é Henrique Monteagudo Romero.

Tesoureira

Responsabilízase do patrimonio e da contabilidade da institución. A actual tesoureira da institución é Marilar Aleixandre.

Arquiveira-Bibliotecaria

Encárgase de velar pola conservación e ordenación de libros, manuscritos e documentos da institución, así como de coordinar a adquisición de fondos bibliográficos e documentais. A actual arquiveira-bibliotecaria da institución é Fina Casalderrey.

Vicesecretario

Substitúe o secretario en ausencia deste e auxilíao en todas as funcións que este lle encomende. O actual vicesecretario da institución é Andrés Torres Queiruga.