Letras galegas 2020

Ano 2020

Ricardo
Carballo / Carvalho
Calero

1/18

Biografía

Ricardo Carballo Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990) é unha das figuras máis importantes da cultura galega do século XX, en especial pola súa contribución ao estudo da literatura galega, polo maxisterio que exerceu como primeiro profesor e catedrático universitario de Lingüística e Literatura Galega e pola influencia que atinxiron as súas ideas sobre o idioma galego. Unha traxectoria tan rica e intensa non é doada de resumir nos límites dunha aproximación necesariamente sintética coma a presente, polo que quedarán fóra aspectos merecentes de atención e matices de relevo. Ao final desta achega ofrecerase unha bibliografía selectiva, ordenada por xéneros e, dentro de cada apartado, por secuencia cronolóxica.

Obra

ORIENTACIÓN BIBLIOGRÁFICA

As limitacións de espazo obrigan a ofrecer unha simple relación das obras máis importantes. Salvo excepción, danse só títulos de libros, non de artigos, folletos ou opúsculos. Na bibliografía do autor recóllense puntualmente antoloxías e estudos monográficos sobre aspectos concretos da súa produción. Na bibliografía pasiva dáse preferencia case exclusiva, por razóns de economía, a obras de carácter colectivo. Existen ademais materiais audiovisuais e recursos na Rede que deben terse en conta, especialmente con finalidade didáctica.

Axenda


Unha palabra para Don Ricardo

Euloxio Rodríguez Ruibal

Teatro