Xesús Alonso Montero, novo presidente da Academia

No Plenario celebrado o pasado 20 de abril foi escollida tamén a nova executiva da Academia.
Imaxe dos membros da nova executiva da Academia
Alonso Montero, Monteagudo Romero, Torres Queiruga, Álvarez Blanco e Ledo Andión, membros da nova Executiva


O profesor Xesús Alonso Montero é o novo presidente da Academia e, xunto con el, forman parte da nova Executiva os seguintes membros numerarios: Henrique Monteagudo Romero, secretario; Andrés Torres Queiruga, vicesecretario; Rosario Álvarez Blanco, tesoureira e Margarita Ledo Andión, arquiveira-bibliotecaria.