Todas as letras do Día das Letras Galegas

Xa pode descargarse a versión completa do libro no que 50 membros da Academia ofrecen a súa particular achega ás 50 figuras homenaxeadas.

No libro Todas as letras do Día das Letras Galegas, 50 membros da Academia, entre académicos de número, de honra, correspondentes e electos, elaboraron unha síntese de cada figura homenaxeada desde 1963.