A Real Academia Galega celebrou o Día das Letras Galegas de Ricardo Carvalho Calero homenaxe ao pé do que foi o seu fogar en Santiago de Compostela, na rúa Carreira do Conde. O acto consistiu nunha sinxela ofrenda floral debido ao estado de alarma declarado pola pandemia de coronavirus, que obrigou a adiar ata outubro o pleno extraordinario da RAG do 17 de maio que ía ter lugar en Ferrol, a localidade natal do homenaxeado.