'Elogio de Fray Martín Sarmiento', de López Peláez

Discurso lido por Antolín López Peláez, bispo de Jaca e destacado historiador da igrexa de Lugo, o 14 de agosto de 1910 en homenaxe a Frei Martín Sarmiento.
Frei Martín Sarmiento
Frei Martín Sarmiento


Antolín López Peláez (1866-1918) xa lle dedicara outros dous libros ao frade bieito, El Gran Gallego (1895) e Los escritos de Sarmiento y el siglo de Feijoo (1901), nos que deixaba patente a súa admiración polo fundador da filoloxía galega.

No seu discurso, que se pode descargar aquí, López Peláez salienta do Padre Sarmiento o seu espírito crítico e independente, a fonda erudición en múltiples saberes científicos e humanistas, a colaboración estreitísima que lle prestara a outro relixioso galego e principal figura intelectual da Ilustración española, o Padre Feijoo, e tamén a súa predilección polo estudo de temas relacionados con Galicia.