Declaración da Real Academia Galega

Sentenza do TSXG do recurso interposto pola RAG contra o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario en Galicia.

Con data do pasado día 29 de novembro, xoves, recibiuse a sentenza do recurso contencioso administrativo interposto pola RAG contra o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario en Galicia, pola que se anulan os artigos 5.2 e 12.3 da devandita norma por seren contrarios a Dereito.

Os servizos xurídicos da Academia Galega están a estudar e valorar esta sentenza a efectos de interpor o correspondente recurso de casación ao abeiro do art. 86 da Lei 29/1998 do 13 de xullo dentro do prazo de dez días computados desde o seguinte ao da súa notificación.