'Boletín da Real Academia 372' dedicado a Lois Pereiro

Neste monográfico recóllense os estudos e achegas críticas sobre a vida e a obra do poeta monfortino emitidos pola Academia ao longo do ano 2011.
Lois Pereiro
Lois Pereiro/Nacho Santás


A listaxe de colaboracións abrangue desde os discursos oficiais lidos por membros numerarios da Academia como Manuel Rivas, Margarita Ledo, Darío Xohán Cabana e Antón Santamarina no acto oficial do Día das Letras 2011 celebrado en Monforte, vila natal de Lois Pereiro, ata as conferencias pronunciadas ao longo do Congreso Lois Pereiro que tivo lugar en decembro dese mesmo ano, e no que interviñeron autores e estudosos como Pere Gimferrer, Arturo Casas, Luz Pozo, Chus Pato, Olivia Rodríguez e Daniel Salgado.

A publicación inclúe tamén dous traballos de investigación a cargo de Xosé Ramón Barreiro e Luís Cochón, sobre as pauliñas eclesiásticas e a influencia e Rosalía en Novoneyra respectivamente, diversas relacións sobre a actividade da Academia durante o 2011, e dúas notas necrolóxicas sobre Francisco Fernández del Riego e Olga Gallego.

O Boletín da Real Academia Galega nº 372 pódese descargar aquí.