'A bordo', de Fanny Garrido

A escritora coruñesa Fanny Garrido (1846-1917) é coñecida sobre todo pola súa produción novelística escrita en castelán so o pseudónimo de Eulalia Liáns.
Fanny Garrido
Francisca González Garrido, Fanny Garrido


Malia iso, na colectánea da obra do seu primeiro marido, o compositor coruñés Marcial del Adalid (1826-1881), editada por Margarita Soto Viso en 1985, aparecen, na sección titulada "Cantares viejos y nuevos de Galicia", media ducia de poemas asinados coas iniciais F. G. que corresponden á escritora coruñesa, dos que reproducimos máis abaixo o titulado "A bordo", composto entre o ano 1877 e o 1880.

A bordo

Ti sentada mirabas por enriba da borda
As casas que n´o porto chegaban astr´o mare
Cubria a noite a terra e soyos no máis alto
Tres albres somellaban
Tres albres somellaban pantasmas c´o luar.

Na túa yalma reñíase a loita derradeira
Antr´o novo deseyo
Antr´o vello terrore eu cá vista cravada
N´a tua cabeza
Enchía sin falarte
Enchía sin falarte
O teu peito d´amor.

Ao fin teus ollos levantaste con medo
Teu mirar veu fundirse n´a fogueira do meu
Destonces nosas almas por sempre se prenderon
E pra sempre fugiron
E pra sempre fugiron mon sosego e o teu.


Esta composición, musicada por Marcial del Adalid, pódese descargar aquí.