25 de xullo, Alba de Groria

O coñecido discurso que Castelao pronunciou con motivo do Día Nacional de Galicia do ano 1948 foi a derradeira peza oratoria que o autor enunciou.

Alba de groria é o discurso que Alfonso Daniel Rodríguez Castelao pronunciou o 25 de xullo, Día de Galicia, do ano 1948 no festival do Centro Gallego de Buenos Aires celebrado no Teatro Argentino desa capital.

Porén, a significación deste discurso foi máis alá da circunstancia concreta en que se pronunciou e, hoxe en día, representa o ideario daquel movemento galeguista na diáspora. Ao mesmo tempo, Alba de groria dá a medida da inmensa capacidade política e oratoria do seu autor.

Os dous primeiros parágrafos deste discurso xa foran escritos un ano antes e forman parte do capítulo I do libro IV de Sempre en Galiza. No ano 1941, o Centro Gallego de Buenos Aires quixo homenaxear ao xa finado Castelao publicando a versión orixinal de Alba de Groria e mais unha tradución ao castelán de Eduardo Blanco Amor. Pódese descargar aquí a versión orixinal.